Boas, vouvos a explicar como fixen este debuxo co programa de photoshop:
- Abrín un novo arquivo de 400 por 400 pixeles. Collín o bote de pintura en cor azul e pintei o fondo, logo seleccionei o pincel en forma de árbore en cor verde, e centreino.
- Despois collín o pincel en forma de folla e puxen unhas poucas a redor da árbore en cor violeta, como si estivesen voando levadas polo vento.
- Tamén utilicei o pincel de herva en cor violeta, e puxen unhas poucas por debaixo da árbore.
Xa vedes que fácil é utilizar o programa de photoshop, pouco a pouco iremos mellorando.
Ata logo amigos. Nere