Probando con audacity (Podcast) - www.poderato.com/mondelovega

martes, 13 de diciembre de 2011

ECLIPSE



Aproveitando o filón destes días decidinme unirme a todas esas xoves "ñoñas", seguidoras da Saga Crepúsculo e intentei recrear unha eclipse:

1. Fixen unha nova imaxe de 600 x 400 cunha resolución de 72 píxeles/pulgada.

2. Despois de tantas voltas decidinme por un degradado de 3 cores : marrón, amarelo e laranxa (onde caben dous caben tres).

3. Coa ferramenta pincel, fixen un círculo descentrado cara á esquerda para facer a eclipse de cor laranxa, dureza 100%, modo normal, con opacidad 100% e fluxo 100%.
4. Logo fixen un marco elíptico arredor do noso astro con calado 22%, tolerancia 30%, suavizar e estilo normal.
5. A continuación coa ferramenta bote de pintura recheei o marco elíptico de cor amarelo clariño, modo normal, opacidad 100%, tolerancia 65%, suavizar e continuo.
6. Despois retoqueino un pouco cun pincel que tiña pouca dureza.
7. Coa ferramenta liña, marquei o horizonte e pintei o espazo de negro coa ferramenta bote de pintura.
8. Horizonte: fíxeno cunha liña marrón enriba do mar.
9. Creei os reflexos na auga cun pincel de 1 diámetro, dureza 16%, picando con cores diferentes tonos laranxa.
10. Por último, as nubes tamén as fixen co pincel, en modo disolver, opacidad 45% e con diferentes tonos de amarelo.

Solo me faltaba poñer un licántropo oubeándo no horizonte.