Probando con audacity (Podcast) - www.poderato.com/mondelovega

martes, 29 de noviembre de 2011

A CURUXA COQUETA


Para facer esta imaxe tan bonita co photoshop fixen os seguintes pasos:
No primeiro lugar convertín o fondo en capa para poder mover o obxecto
que pensaba debuxar.
Escollín o pincel de curuxa e o pintei .
Fun seleccionando coa varita as diferentes partes da curuxa para darlle a
cada unha cor distinta . Para facerlle o corpo utilicei un degradado.
Unha vez coreada a curuxa, seleccionei o fondo branco da capa pra eliminalo ,
así quedoume só a curuxa .
Creei outra capa e escollín outro pincel , esta vez de flores e o cor branco .
Pintei a flor , co seu tamaño axeitado pa porlle na cabeza a curuxa .
Creei outra capa para o tronco. Con outro pincel de salpicadura de pintura e co
tamaño e cor axeitado pintei o tronco coa rama .
Creei outra capa para a flor do tronco. Selecionei o pincel de flor e a dibuxei ,
fixen este paso coas demais flores .
A medida que vou creando as capas as coloco según me conveña .
Para o fondo , creei unha capa co bote de pintura de cor degradado azul claro e
oscuro.
Para a nube, escollín un pincel en forma de nube en azul moi claro.
Para facer as gotas utilicei un simple punto moi pequeno .
Pintei o punto e pra facer o efecto de gota , escollin na barra de ferrramentas un
dedo para difuminar hacia arriba o punto de cor .
Dupliquei a capa das gotas tantas veces como gotas quería . Unha vez creadas , as
coloquei sobre a cabeza da curuxa , e xa está mira que é fácil .