Probando con audacity (Podcast) - www.poderato.com/mondelovega

domingo, 7 de febrero de 2010

A COR



A cor é o elemento visual máis apaixonante co que ten que tratar o deseñador gráfico. Aporta variedade, provoca sensacións e engade unha dimensión espacial. Hoxe en día os deseñadores son moi afortunados: os programas informáticos fan que manipular e usar a cor sexa unha tarefa máis doada que no pasado.
  • Apuntes sobre cor
APUNTES SOBRE COR

A cor fálanos. É importante recordar que as cores teñen asociacións simbólicas. O vermello, por exemplo, asóciase co lume, e considéraselle cálido e enérxico, mentres que o azul é tranquilo e frío. As cores que elixa terán un impacto inmenso na sensación que creen os seus deseños e na forma como a xente responderá a eles.

As distintas combinacións de cores tamén provocan sensacións. Para transmitir harmonía, use cores análogas, é dicir, que estean preto no círculo cromático, como azuis e verdes. Para crear tensión e dinamismo, use cores contrarias que estean en lados opostos no círculo, como o vermello e o verde. Esta combinación desentoa, pero é atraente e xera unha emoción rápida.

DECISIÓNS DE DESEÑO

Algunhas cores parece que avanzan, e outros, en cambio, parece que retroceden. Se quere que algo pareza que se achega ao espectador, as cores cálidas como vermellos e laranxas son a menor opción. Ao lado do vermello, parece que os azuis e os verdes retrocedan. No círculo cromático, as cores harmoniosas están preto entre si, como por exemplo o amarelo e o verde, ou o azul e o verde. As cores complementarias están en lados opostos do círculo, como o vermello e o verde, ou o amarelo e a violeta. Estas combinacións son vibrantes e están cheas de tensión. Os amarelos son máis delicados e menos rechamantes que os vermellos. Dentro dun matiz hai distintas intensidades; cambiando o ton pode crear múltiples variacións da mesma cor.

TERMINOLOXÍA DA COR

Cando se traballa coa cor, é necesario coñecer tres termos: matiz (a cor pura, como vermello, azul, e verde); ton (a luminosidade ou escuridade dunha cor); e saturación (unha escala de maior intensidade, como vermello vivo, a menor intensidade, como verde escuro).

Cando se combina texto e cor, se obtén lexibilidade a partir do contraste. O maior contraste obtense coa letra en grosa sobre fondo branco. A variedade entre estes dous é extensa. Canto máis se aproxima a cor do fondo ao do texto, menor é a lexibilidade que se obtén.