Probando con audacity (Podcast) - www.poderato.com/mondelovega

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Video-Tutoriais sobre Capas



As capas son uns dos elementos máis interesantes do Photoshop, xa que nos permiten ir engadindo elementos ao noso arquivo de forma independente, o que permite ir facendo modificacións sen perder o que nos interesa do arquivo. Funcionan como follas de acetato onde engadimos elementos que se superpoñen os xa existentes.
A continuación déixovos un enlace a un video-tutorial sobre capas en Photoshop no que se amosa como:

  1. Mover diferentes capas dun documento psd de forma simultánea.
  2. Duplicar capas.
  3. Copiar capas dun documento a outro.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

POSTAL NADAL

Esta é a miña postal de nadal, e fixena seguindo istes pasos:


1. Collin dúas imáxes da internet: unha dunhos bebes e a outra dun fondo cor vermello con bolas do nadal.
2. Abrin a imáxe dos bebes e seleccioneina co marco rectangular (calado de 20 px) e despois pintei os bordes co mesmo cor que a outra imaxe.

3. Pasei os bebes xa pintados a imaxe de fondo, así converteuse en unha soa fotografía.
4.E por último, seleccionei o tipo da letra e cor que me gustou e puxen Bo Nadal!...





Esta tarxeta fíxena, seleccionando o ceo, e pintandoo coa ferramenta degradado. Despois recortei os pingüins doutra foto e pegueinos. Do mesmo feito fíxen coa arbore e o boneco.

jueves, 3 de diciembre de 2009

SimpsonNavidad



Despois de coller a imaxe de internet rellenei a neve dun cor gris como se fora neve sucia, para iso seleccioneina coa varita máxica e co bote de pintura, seleccionando un motivo a pintei.
Logo co pincel fixen as letras do cartel, tamén co motivo anterior. Cunha pouca máis de practica saldra un cartel mellor.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

CARTEL DO MAGOSTO




Esta imaxe mostra a ilusión que lle fai as castañas o magosto.Para facer esta imaxen tiven que coller unha imaxe de castañas asándose. Despois dibuxeilles unhas castañas gritando e puxen unha capa de follas negras e o título.

O ESPELLO MÁXICO



Fixen este cartel buscando primeiro dúas imaxes na Internet: a do oso e a do espello. Despóis en dúas ventás diferentes en Photoshop utilicei o tampón de clonar para pasar o oso a imaxe do espello. Como quedaban zonas en branco entre elas retoqueinas co pincel e desenfoqueina un pouco coa ferramenta dedo. Por último decoreino con estrelas (empregando o pincel tamén) e coa ferramenta de texto horizontal escribinlle o título da película.

martes, 1 de diciembre de 2009

INDICACIÓNS PARA SUBIR IMAXES AO BLOG

Para subir imaxes ao blog debedes ter en conta as seguintes indicacións:

Insertar SEMPRE a imaxe do lado esquerdo (non centrada nin a dereita).

  1. Antes de subir a imaxe ao blog temos que reducir o seu tamaño no programa Photoshop.

  1. Unha vez que a imaxe está rematada no Photoshop, ides a Imaxe> Tamaño de Imaxe e adxudicades como MÁXIMO 450 píxeis de ancho e 500 pixeis de alto.

  2. A resolución será sempre de 72 píxeis/pulgada cando teñamos que subir as fotos ou imaxes a internet.


  3. Ademáis, empregade o comando GARDAR PARA WEB, e axustade o formato e calidade ata conseguir unha imaxe que teña a suficiente calidade e non tarde demasiado en descarregarse.