Probando con audacity (Podcast) - www.poderato.com/mondelovega

viernes, 23 de octubre de 2009

CARTEL DO MAGOSTO

Fixen este cartel collendo unha imaxe dunha rúa famosa de Ourense. Logo empreguei a opción de copiar e pegar para facer as cordas e a fogueira. Por último, utilicei a ferramenta de documento de texto para facer as letras e mover para colocalas no lugar correspondente.

miércoles, 21 de octubre de 2009

CARTEL DO MAGOSTO




Primeiro fun a google e collín a imaxe que máis me gustou. Despois no Adobe Photoshop escribín na fotografía o que considerei máis apropiado para esta imaxe. Góstache?

CARTEL DO MAGOSTO


Este cartel fixeno con varias fotos. Empreguei a ferramenta marco elíptico con calado con cada unha delas. Puxen as fotos mais pequenas sobre a grande e logo coa ferramenta de texto escribin o texto.

martes, 20 de octubre de 2009

CARTEL MAGOSTO!




En primeiro lugar collin unha imaxe de internet e coa ferramenta clonar fun copiando as castañas para cubrir a imaxe, a continuación elixin un debuxo animado e empregando a ferramenta clonar de novo paseina dunha imaxe a outra; o seginte paso foi elexir as letras e os diferentes cores para poñer o texto da imaxe, e por ultimo coa ferramenta marco restangular e calado 15 aclarei os bordes da imaxe.

viernes, 16 de octubre de 2009

magosto 2009 X.G.S

Fixen este cartel empregando o tampón de clonar para duplicar a castaña ,e o pincel corrector para facerlle uns retoques.A continuación escribín o texto vertical e despois o horizontal coa ferramenta inserir texto T.

miércoles, 14 de octubre de 2009

CARTEL DO MAGOSTO






Este cartel fíxeno collendo unha foto da Internet para o fondo e outra dunha castaña que coa ferramenta lazo magnético "corteina" polo seu perímetro e despóis movinna ata pegala na imaxe de fondo. Para escribir nela utilicei a ferramenta de texto horizontal e cambiei a cor, tamaño e forma da letra.

martes, 13 de octubre de 2009

CARTEL DO MAGOSTO.


Para crear este cartel primeiro collin unha imaxen dunhas castañas e pegueina no folio que abrin anteriormente no Photoshop , e añadinlle o efecto de "cor diluido". Despois collin dúas fotos máis sobre o Magosto e as peguei no traballo e as recortei co marco eliptico e o difuminei polos lados usando o calado. E por último collin as letras dunha foto que encontrei e as puxen no traballo cambiandolles a cor , e debaixo escribin con comic sans 2009 usando a ferramenta inserir texto T.

Cartel Magosto


Este é o meu cartel do Magosto


Para facer este cartel primeiro recortei a imaxe original , logo facendo seleccions co marco rectangular cambieille a cor e usando contrastes lle din un pouco máis de luminosidade , finalmente púxenlle destellos.

CARTEL DO MAGOSTO





Este cartel fíxeno con dous fotos grandes utilizando a ferramenta de marco rectangular e despois copiándoas e pegándoas. Para colocalas e facelas un pouco máis pequenas utilicei a ferramenta mover. Posteriormente utilicei a ferramenta de lazo para recortar a foto pequena que aparece arriba a esquerda. E por último utilicei a ferramenta de texto tanto en vertical como en horizontal para escribir as letras.

viernes, 9 de octubre de 2009

CARTEL DO MAGOSTO

O primeiro traballo que debedes realizar é un cartel promocionando a festa do Magosto ourensán. Empregade as ferramentas do Photoshop explicadas na clase e unha imaxe seleccionada na internet para elaborar un cartel publicitario que promocione a festa do magosto.

jueves, 8 de octubre de 2009

CURSO DE PHOTOSHOP BÁSICO



Na Aula Virtual da Web do IES O COUTO atoparedes a primeira parte do cursiño de Photoshop básico: http://www.ies-ocouto.net/aulavirtual.html

miércoles, 7 de octubre de 2009

BENVIDOS

Benvidos ao blog de Técnicas Básicas de Edición e Maquetación. Esta materia corresponde a asignatura de Atención Educativa en 3º de ESO no IES O COUTO. O longo do curso os alumnos aprenderan o manexo básico do programa Photoshop e do programa Quark, o que lles permitirá elaborar carteis e folletos publicitarios e maquetar algúns artigos da revista do centro.